miércoles, junio 29, 2005

Xa choveu no Páramo !

Nota :enviado a www.vilarmosteiro.tk o día 29 de xuño 2005,publicado no diario EL Progreso fai catro anos co gallo do XXV aniversario das feiras da Primavera .
Agradecidos a Francisco pola súa colaboración :


Xa choveu... no Páramo !

Feiras e Festas da Primavera...

No Campo da Feira...os pendellos... os carballos.

A xente...

Xa choveu...no Páramo.

Cambiaron as cousas...

Cando só eran feiras....eran os 10 e os 25, coma agora. Había a feira do gando, a feira das pitas, (cerca mercábanse os ovos), a feira dos porcos, a feira das telas, (cerca vendíanse os tintes). Despois o paseo e, as veces, o salón...

Os xatos non se levaban á feira coma agora nos tratores...levábanse andando...facendo parella coa vaca máis mansa. Algúns “turraban” moito e había que taparlle-los ollos cun saco de esparto.

Ás veces, dalgunha casa levaban dous xatos, un a cada lado da vaca, (rubia por suposto). “Turraban” moito máis.

Homes de aguillada, co gando pola corda, algúns cun “Ideal” nos beizos, cun sorriso de orella a orella; a muller e o/os nenos ou nenas tra-lo gando, afalándolle...; orgullo de deber cumprido, de meta acadada, de manter ben o gando... Desexo de que apareza o “becerreiro”, (saían do recinto feiral ós camiños... esperar o mellor gando...)

Chegada á feira. Carballos protectores da chuvia e do sol. Apoio de homes e soporte das cordas do gando.

Comenza “o trato”...Saúdo de compadres. O dono que:

- “O xato vale tanto”

O “tratante” que

- “¡Douche tanto e que me leve o diaño se che dou máis!”

- “¡Trae para aquí esa man!”

- “¡Pola ialma dos meus difuntos que non vale máis!”,

- “¡Non che solto a man!”.

De súpeto aperecía o “partidor”:

- “¡Partide a diferencia, ho..!”

E o tratante

- ”¡Que non podo darlle máis cartos!”

E o dono

- “Bueno...por que o dí este home ¡eh!”.

Apretón forte de mans e pechouse o trato. O becerreiro sacaba do estuche as “tixeiras” e rac...rac... marcaba o xato.

Un ”¡Lévalo barato!” saía da boca do vendedor

Agora queda agardar. Volta pola feira, se cadra a mediar noutro trato. Sempre as mesmas palabras: “¡Baixaron os xatos!”, “¡Ainda os pagan ben!”, “¡Nótase o verán...!”

Hora de subi-lo becerro ó camión...colaboración...moitos axudan...”¡Ei vai!”.... O becerreiro saca os cartos dunha carteira vella...moi gorda...”cachabo” (as veces caiada) colgado do antebrazo, gardapolvos negro...billete por billete pasan ás máns do paisano, aguillada na man esquerda, reloxio de cadena no chaleque....

Boa feira

Todos con sorriso...é hora de come-lo pulpo (polbo) nos “pendellos”...asento de pedra, pedra na espalda, aguillada ó lado, lume, viño en xarra de barro, pulpo (polbo) en platos de madeira, “pantrigo”, cheiro de aceite, picante, palillos, e conversa... conversa.... e conversa...ledicia...xa se fixo a feira...non hai presa.

As veces, cando non había xato que levar á feira, as mulleres ían polos atallos, levaban coellos, pitas, ovos... case sempre nas “cestas”, na cabeza... entre a cabeza e a cesta...a “rodela”... cando chovía en zocos, que cambeaban polos zapatos pouco antes de chegar ó Campo da Feira...

Coellos, galos e galiñas coas patas atadas cun anaco de tela...no chan...home que compra...colle as pitas polas patas de tres en tres, de catro en catro...á xaula de madeira con porta superior... e ¡Arriba!... ¡ó coche de Montaña!. Adiante xente, máis atrás xatos, enriba...galiñas, coellos, ovos... e, ás veces, tamén xente.

Recordo de home que compraba os ovos...Era Ramiro...e collía os ovos cas dúas mans, de seis en seis...pero non contaba seis, doce,....contaba “unha, dúas, tres, catro.....¡señora dúas “dúcias”!” e pagaba. Metía os ovos nunhas caixas de madeira cheas de birutas para que non rompesen. Cando enchía unha caixa clavaba a tapadeira e ... ¡ó coche da Empresa Montaña!.

As mulleres con aqueles cartos mercaban as telas, as agullas para coser e as tintas. A min era o posto que máis me gustaba, ¡que cores máis bonitos!. Miña nai unha vez mercou a cor... ¿sería malva? A señora Nedina envolveo aqueles polvos nun anaco de periódico e eu quedei abraiado mirando para aquela cor...¡nunca máis a vin!.

Otra vez merquei unha navalla con cachas de pao e un anel para poñerlle unha cadeiña e que na folla poñía Albacete.

¡Que quince pesetas máis ben empregadas!, e...¡que disgusto cando a perdín!.

Eu, coma tódolos nenos e nenas do Páramo...medrei...e cambiáronme os gustos...xa non me facía tanta gracia o contar do Ramiro....agora gustábame máis o paseo pola “carretera” sin asfaltar...rapazas e rapaces en grupos...os de cada lugar cos de cada lugar...primeiro cara abaixo...despois cara riba...moitas miradas...de ámbolos dous sexos...algúns deixaban un momento o paseo e ían a “Cas Taboada” ou ó “Gato Bravo” ou ó “Felipe” ou ó “Guillermo” a “tomar algo”, ás veces gaseosa “La Sarriana” (botella de cristal blanco co castelo debuxado) de dúas pesetas, se tal un refresco ou, se se tercia, unha cervexa (El León ¡Que ricas son!).

E volta ó paseo...e volta ás miradas...e para riba... e para baixo...

E o salón...xenté nova na cola para saca-las entradas...

- ”¿Quen actúa hoxe?”

- “Los Mismos”

- “¿Os famosos?”

- “¡Non oh...os “mismos” do outro día!”.

Dentro xa...abrigos nas perchas.Un home que toca o acordeón e outro a batería... “Saturno e o fillo”. Música daqueles tempos, música de sempre, “modernas” e clásicas...sen vocalista... Rapazas que bailan en parella, rapaces que miran, entra máis xente...rapaces que “sacan a bailar ás rapazas”.Ás veces “si”, outras veces...rabia contida. Continúa a música... decía meu amigo Lolo “¡Exceso de bombo!” pero...¡que ben no lo fixeron pasar ós rapaces e rapazas do Páramo¡

Francisco L. Fernández

Mestre, natural de O Páramo

domingo, junio 19, 2005

HQB foi un ÉXITO no PÁRAMO !


HQB.OParamo.Escolas Vellas ó principio , logo ainda veu máis xente
e houbo que ir por máis bancos


AS MEDIAS DE XENTE QUE ASISTIU AS PROXECIÓNS POR TODA GALICIA RONDABA ENTRE AS 20 OU 30 PERSOAS , SALVO EN SANTIAGO , NÓS SUPERAMOS AMPLAMENTE ESTA CIFRA ( TENGO EN CONTA ADEMAIS QUE ERA UNHA ZONA DO INTERIOR RURAL)

O venres 17 fíxome lembrar unha poesía de Arcadio que falaba do aire fresco que entraba polas ventás do Páramo .Eso é o que necesitamos !,pois no Páramo hai sitio para todos os que queren construir unha convivencia pacífica e sin maiores problemas ¡

Jose pedira o local desde o Martes e non lle deron unha resposta hasta o venres ás tres , dilatando a cousa o máis posible para dicir que non .Pero con aquela noite estrelada e aquel luar a dicir verdade fixéronnos un favor porque se estaba mellor fóra que dentro .

Incluso pensamos que un día do vrao imos facer “Cine de Barrio “, pois o enganche do DVD á cadea funcionou á primeira e tivemos un son de cine , oiase en todo o Campo da Feira !

Polo demais máis de cuarenta persoas asistiron a proxección de HQB , no Páramo , moita máis xente veu despois pola metade do acto e volveu a marchar para deitarse cedo .

Os únicos sitios onde non deixaron proxectalo ou non deixaron as chaves foron Povoa de Trives que a forza de insistir lograron o local , noutro concello da costa e no Páramo que non deixaron as chaves .HQB proxectouse en 600 puntos e fixéronse máis de 200000 descargas por Internet . No Páramo non podíamos ser menos , pois o dereito a transmitir información está amparado pola constitución española que tanto defenden algúns en Madrid .(Non inventamos a pólvora no Páramo por proxectar esto ) .Aquí non podíamos ficar de costas a esta iniciativa que se estaba a desenvolver por todo o pais .

Polo demais todo se desenvolveu de xeito pácifico e como estaba previsto .

A xente saiu moi contenta en especial de certos cortos como : O home do telediario , A dúas velas ( con Miguel de Lira “Currás”) etc .

Houbo Bebida fría e algo de picar .

E dado o grande interese que motivou a posta en escea por parte de moita xente como o “superior xerárquico “ e máis acólitos , subimos aquí estas fotografías para que sen necesidade de subir ou baixar pola carretera , pois cada un poida ver desde as súas casas a normalidade da que fixemos gala no acto .( agradecemos a preocupación ) .


A RESPECTO DA CONVIVENCIA PACÍFICA :


Reza un adagio latino : "Divide e Vencerás" : Non sei quen ou quenes queren dividir a convivencia libre pacífica e democrática do Páramo .Tanta culpa teñen os que provocaron actos de gamberrismo estos días , como os que sacan conclusións precipitadas intentando botarlle á culpa a certa xente que non simpatizase co PP .

Que tamén cabe a posibilidade de que se estea intentando plantar lume sobre a nosa convivencia de anos maiormente pacífica no Páramo intentando provocar actos vándalicos para facerlle ver á xente que son os contrarios e crear un clima de rencor mutuo entre os veciños do Páramo .

Non nos deixemos enganar , nin caer tan baixo .Non xulguemos sen probas , ou en base a rumores .Sigamos toda a xente que queremos unha convivencia digna e baseada no consenso das palabras unidos ( teñamos a ideoloxía que teñamos ) para non romper a nosa longa tradición de boa veciñanza

Gracias a todos por asistir !

CCAP

CCAP = Colectivo Cultural Alternativo do Páramo



A esa mesma hora tamén se proxectou nos lugares abaixo indicados :

Lugares de proxección de HQB o día 17 :

Povoa de Trives, Praza de Abastos, 22.00
Oroso, local social de correos, rúa do campo nº 10. 21:30
Cariño. Biblioteca. 22:00 h.
Vigo, Bar Choco, 21 h.
Pontevedra, Local Social Revira, R/ Arzebispo Malvar 33, 22.00
Vigo, Bar CANDELA (Rúa dos Irmandiños, fronte o Dublín), 21:00
Cangas, Bar Master Pool, 22.00
A Coruña, Pub Desquite, 21:30 h
Silleda, Praza do Parque, 22.00
A Corunha, Pub Desquite, 21.30
Vigo, Centro de Recursos e Tenda de Comercio Xusto CRISOL, 20.00 h
Mesía, Casa da Cultura, 22.00
O Páramo, Local da Asociaciación de Amigos ; Campo da Feira , Vilarmosteiro 22:00.
SANTIAGO, GRAN FESTA: PRAZA DO TOURAL, Asoc. Cultural O Galo, 22.00 h
Sada, Auditorio Cerámica do Castro, Cidadáns para a Democracia, 21.00
Santiago, CSC Fontiñas, Asoc. Cultural O Galo, 20.00
Barcelona, Ateneu Popular Julia Romea, Santa Coloma de Gramanet, 21.30h
Barcelona, Ateneu, A Torna, Grácia, 19.30
Carballo, Pazo da Cultura, 21.00


Nota: O anunció de proxección de O Páramo ficou dous días na web de Arredemo que chegou ás 300.000 visitas por día .

sábado, junio 18, 2005

O Páramo somos NÓS !

jueves, junio 09, 2005

Proxección de HQB no Páramo e do filme Fahrenheit 9/11


Cartel do filme HQB

O DIA 16 venres ás 22:00 horas No exterior do Local da Asociación de Amigos do Campo da Feira do PÁRAMO proxectaremos os 24 cortos do filme HQB organizado polo" Colectivo Cultural Alternativo do Páramo" ( que pronto terá a súa propia Asociación ) .

O dia 16 estades todos invitados a ver o filme que se está botando en toda Galicia e o Páramo non podía ser menos . Pincha +aquí para ver os milleiros de sitios onde se está a botar HQB na Galicia e no Mundo Enteiro ( de Londres a Bos Aires a Nova York ) .Poderás comprobar como o día 17 saiamos anunciados xa na lista de proxeccións do portal expansivo www.arredemo.info

A entrada Libre .Faremos un pouco calimocho e algo de picar para pasalo rato .
E se a xente se anima e o aparato segue a funcionar proxectaremos o filme protesta Fahrenheit 9/11 do cineasta Michel Moore en contra da Aministración Bush , ou os cortos de Hay Motivo en contra da Guerra de Irak a elexir .

Rede Expansiva : E moi importante que nos axudedes a anuncialo via SMS , e-mail ou boba a boca , que rule .Estades todos invitados .


Visita a web Arredemo para enterarte de como está indo a movida da proxección .
Miles de proxeccións por toda Galicia e mutismo absoluto nos medios tradicionais de información .


Organiza :"Colectivo Cultural Alternativo do Páramo "

domingo, junio 05, 2005


a casa da conda, Mundin (Mi casita de papel )

MI CASITA DE PAPEL

Os veciños de Mundín pronto terán un novo inquilino na Casa da Conda , e quen sabe se de apelido Van Goth !.
Nas largas tardes do outono cando levábamos as vacas pra Mundin meu abuelo me ia contando e recontando a historia de cada leira , de cada prado de cada casa ,de cada lugar .
Parece que foi onte ! .De pequeno meu abuelo lembrábase de ver a seu irmao correndo con outro de Mundín polo último fio de pedra da casa antes de retellar .Seu irmao ( Pedro ) que asubiaba cancións que adeprendera nas minas de Asturias pouco tempo lle quedou para ser feliz !.Desapareceu anos máis tarde no desastre de Annual do 1921 na Guerra de Africa .

A casa da Conda fora feira pola Casa do Medio de Mundín , para apartar a un matrimonio de "porta aberta ". Alí naceu o Isidro , que anos máis tarde e emigrado en Madrid se fixo compositor , e inventou cancións como "Marusell Marusell " que soaron en toda a posguerra , pero sobre todo Isidro deixou na retina de todos os españois de posguerra a Casa da Conda , con aquel "Viviendo en mi casita de papel ".
Isidro baixaba cara a Penela e cara os Cornedos e alí se inspiraba .Xa maior as orquestras de música adicabanlle a él algunha das súas cancións cando el estaba presente .

Alí se criou tamén a señora Isaura , que co tempo emigrou a Buenos Aires . Unha vez oin acentos arxentinos na casa e baixei as escaleiras espiando quen era . Sola na cociña estaba miña abuela e cando mirou á cara da Isaura ainda que velliña miña abuela e despois de tantos anos en Buenos Aires díxolle -ti ére-la Isaura !, Cantas oliñas de leite che batín ! e ela botouse a chorar emocionada !- foron anos de moita fame ( dixo ) .

Cando Isidro estaba en Madrid déralle en arrendar a casa ó Señor Jesús e á Carme , co tempo o Señor Jesús da Conda parecía o mesmo dono da casa . Adentrábase por dentro das corredoiras de Mundín e collía camiño cara a nova sucursal do Banco Pastor que se acababa de abrir no Páramo , como lle mandaban cartas cada pouco do subsidio, el ó recibir unha carta de banco collía camiño cara él - ¿ a onde vas Jesús ? -lle decía meu abuelo sentado na pedra de fóra -vou ó banco que revaso da cantidá !.

Pero a Casa da Conda un día pechou e colgaronlle un letreiro amarillo que dicía" Moreno Vende".
Nunha tarde de vrao entrei pola porta a medio abrir , subín o cuarto e mirei dentro dun baul aberto no que había fotos vellas ( era o único de valor na casa ) .Xente que nunca vira , que nunca coñecera ,doutra época , doutro lugar , doutro tempo .Recordos do pasado que como un mosaico desfeito ningúen lograría recompoñer !.

Pronto virá o veciño Holandés á nova casa , entrara nos novos muros dunha casa con tanta historia e para el vacía de memoria . Ignorante do pasado no baul dos recordos .
Xa que así e a vida .
Pero antes desta despedida da xente de antes e da nova , que traerá nova vida ei de deixar a canción de Isidro que marcou a retina dos tempos grises da dictadura gracias á Casa da Conda e di así :



MI CASITA DE PAPEL (Radio Topolino Orquesta)

Encima las montañas tengo un nido
que nunca ha visto nadie como es,
está tan cerca el cielo que parece
que ha sido construida dentro de él.
Encima las montañas viviremos

el día que tú aprendas a querer,
y así podrás saber como es el cielo,
viviendo en mi casita de papel.
Que felices seremos los dos

y que dulces los besos serán.
Pasaremos la noche en la luna,
viviendo en mi casita de papel.
De papel, de papel, Oli-ali-yu-uuuh.



p d l